jueves, 4 de febrero de 2016

COMO SER COLUMBÓFILO

 3- Características do pombo mensaxeiro
O actual pombo mensaxeiro é froito de cruzamentos entre razas belgas
e inglesas, efectuadas na segunda metade do século XIX. Este tipo de pombo foi continuamente seleccionado a fin de indagar  características principais: o sentido de orientación.
O pombo mensaxeiro caracterízase, entre outras, polas seguintes propiedades:

    vivacidade
    rapidez de voo
    penas abondosas e brillantes
    rabo sempre pregueado
    pescozo, fortemente implantado, moi erguido
    gran resistencia á fatiga

Ten un peso medio comprendido entre 425 e 525 gramos para os machos e 480 gramos para as femias. É capaz de percorrer un só día distancias de 700 a 1. 000 Km., a velocidades medias superiores a 90 kms por hora.

 
A Muda
 A plumaxe está principalmente constituída por proteínas. Así, é aconsellábel aumentar durante o período da muda, proteínas na alimentación. Isto conséguese mediante a introdución de grans leguminosos.

En Pombos Adultos
A muda comeza pola caída das plumas primarias da á. Ten lugar normalmente de Abril a Novembro.
A muda depende do estado de saúde, da natureza do pombo, do medio ambiente en que vive, do réxime a que se somete e da súa idade.

En Pichóns
A muda será total ou parcial dependendo da época do seu nacemento.
Os que abandonan os seus niños o mes de Marzo, efectúan unha muda total, a partir do mes seguinte. Polo contrario os tardíos, nacidos en Agosto ou en Setembro, efectúan unha muda parcial, unha vez que, o frío de inverno corta o proceso fisiolóxico normal. A muda torna a efectuarse na primavera seguinte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario