viernes, 23 de diciembre de 2016

BO NADAL!!!!!!

Quero desexar bo nadal a tódolos lectores deste blog por visitalo e interesarse por el.
Grazas e Felices festas e que o próximo ano veña cargado de  triunfos columbófilos.
                              Imaxe de:http://www.tuparada.com/cards/feliz-navidad-y-ano-nuevo/910/184

miércoles, 9 de noviembre de 2016

NOVO POMBAL!!!

Este é o noso noso novo pombal que consta de maiores cualidades co anterior. Ten xa polo menos tres meses. Que como ven e a foto que está arriba.


lunes, 6 de junio de 2016

ADESTRAMENTO EN MEALHADA

O pasado día 5 de Xuño produciuse un adestramento en Mealhada a unha distancia de 185 quilómetros. Soltaron as pombas 10:30  e a primeira en chegar as 12:56 foi 5103416/15 Portugal chamado Colorado.

lunes, 23 de mayo de 2016

ADESTRAMENTO EN ALBERGARIA A VELHA

O pasado día 21 de Maio produciuse un adestramento en Albergaria A Velha a unha distancia de 138 quilómetros. Soltaron as pombas as 14:15 a primeira en chegar as 16:07 foi a pomba co número 5418554/2015 Portugal.

miércoles, 13 de abril de 2016

GRAZAS

Quero agradecer a todos os lectores deste blog porque hoxe 13 de Abril de 2016 chegamos a 1000 visitas. Grazas se non fora por vós o lectores este blog non seria nada.

martes, 12 de abril de 2016

ADESTRAMENTO EN ALBERGARIA A VELHA

O pasado dia 9 de Abril produciuse un adestamento en Albergaria A Velha a unha distancia de 138 quilómetros. Soltaron as pombas as 13:00 a primeira en chegar foi a pomba co número 5418222/15 Portugal as 15:35.

lunes, 4 de abril de 2016

PROBA EN CARTAXO I

O pasado día 3 de Abril de 2016 produciuse unha proba en Cartaxo a unha distancia de 309 quilómetros con referencia o meu pombal. Soltaron  as pombas as 9:30 a primeira en chegar as 13:00 foi o "Peleón" co número 5418700/15 Portugal.
Máis adiante porei a clasificación dentro da nosa colectividade.

martes, 29 de marzo de 2016

ADESTRAMENTO EN PENELA

O pasado día 27-3-2016 produciuse un adestramento en Penela a unha distancia de 211 quilómetros con referencia o meu pombal. Soltaron as pombas as 10:00 a primeira en chegar as 12:19 foi a pomba 5103416/15 Portugal chamada "Colorado".

martes, 22 de marzo de 2016

ADESTRAMENTO EN CONDEIXA

O pasado día 20-3-2016 produciuse un adestramento en Condeixa a unha distancia de 200 quilómetros con referencia o meu pombal.
A primeira en chegar foi a 5418700/15 Portugal.

ADESTRAMENTO EN MEALHADA

O pasado día 13-3-2016 produciuse un adestramento en Mealhada a unha distancia de 195 quilómetros con referencia o meu pombal. A primeira en chegar foi a 5418700/15 Portugal "Peleón".

martes, 8 de marzo de 2016

PROBA EN BEMPOSTA I

O pasado día 6 de Marzo de 2016 produciuse unha proba en Bemposta a unha distancia de 297 quilómetros con referencia o meu pombal. Soltaron as pombas as 9:40 a primeira en chegar foi o "Peleón" co número 5418700/15 Portugal as 13:46.
Máis adiante porei a clasificacion dentro da unión columbófila.

lunes, 7 de marzo de 2016

ADESTRAMENTO EN ALBERGARIA A VELHA

O pasado día 6 de Marzo de 2016 produciuse un adestramento en Albergaria a Velha a unha distancia de 138 quilómetros con referencia o meu pombal Soltaron as pombas as 10:20. A primeira en chegar foi a pomba co número 5103416/15 Portugal chamada Colorado as 12:16.

lunes, 29 de febrero de 2016

ADESTRAMENTO EN SAO JOAO DA MADEIRA

O pasado día 29-2-2016 produciuse un adestramento en Sao Joao da Madeira a unha distancia de 116 quilómetos con referencia o meu pombal. Soltaron as pombas as 10:40. A primeira en chegar foi a pomba co número 5418222/15 Portugal as 12:30.

lunes, 22 de febrero de 2016

ADESTRAMENTO NO PORTO

O pasado día 21-02-2016 produciuse un adestramento no Porto a unha distancia de 80 quilometros con referencia o meu pombal. Soltaron as pombas as 10:45.
Aquí deixo a orde de chegada rexistrada cun reloxo Unikon:

1º- 5418700/15 Portugal 11:45:31
2º- 5418736/15 Portugal 11:50:03
3º- 5418543/15 Portugal 11:50:04
4º- 5418691/15 Portugal 11:50:06
5º- 5418726/15 Portugal 11:50:10
6º- 5418547/15 Portugal 11:50:10
7º- 5418541/15 Portugal 11:50:12
8º- 5103411/15 Portugal 11:50:13
9º- 5418553/15 Portugal 11:50:14
10º- 5418699/15 Portugal 11:50:17
11º- 5418545/15 Portugal 11:50:21
12º- 5418728/15 Portugal 11:50:23
13º- 5241306/15 Portugal 11:50:28
14º- 5418737/15 Portugal 11:50:39
15º- 5418531/15 Portugal 11:50:42
16º- 5418723/15 Portugal 11:50:48
17º- 5418729/15 Portugal 11:50:58
18º- 5418738/15 Portugal 11:50:58
19º- 5418692/15 Portugal 11:51:00
20º- 5418544/15 Portugal 11:51:05
21º- 5418696/15 Portugal 11:51:22
22º- 5418554/15 Portugal 11:55:16
23º- 0170250/15 Portugal 11:56:40
24º- 0169822/15 Portugal 11:57:16
25º- 5103416/15 Portugal 12:01:54

sábado, 6 de febrero de 2016

ADESTRAMENTO EN PENELA

O pasado día 05-02-2016 produciuse un adestramento en Penela a unha distancia de 211 quilómetros con referencia o meu pombal. Soltaron as pombas as 11:15 a primeira en chegar foi a pomba co número 5103416/15 Portugal chamada Colorado as 13:45.

jueves, 4 de febrero de 2016

COMO SER COLUMBÓFILO

 3- Características do pombo mensaxeiro
O actual pombo mensaxeiro é froito de cruzamentos entre razas belgas
e inglesas, efectuadas na segunda metade do século XIX. Este tipo de pombo foi continuamente seleccionado a fin de indagar  características principais: o sentido de orientación.
O pombo mensaxeiro caracterízase, entre outras, polas seguintes propiedades:

    vivacidade
    rapidez de voo
    penas abondosas e brillantes
    rabo sempre pregueado
    pescozo, fortemente implantado, moi erguido
    gran resistencia á fatiga

Ten un peso medio comprendido entre 425 e 525 gramos para os machos e 480 gramos para as femias. É capaz de percorrer un só día distancias de 700 a 1. 000 Km., a velocidades medias superiores a 90 kms por hora.

 
A Muda
 A plumaxe está principalmente constituída por proteínas. Así, é aconsellábel aumentar durante o período da muda, proteínas na alimentación. Isto conséguese mediante a introdución de grans leguminosos.

En Pombos Adultos
A muda comeza pola caída das plumas primarias da á. Ten lugar normalmente de Abril a Novembro.
A muda depende do estado de saúde, da natureza do pombo, do medio ambiente en que vive, do réxime a que se somete e da súa idade.

En Pichóns
A muda será total ou parcial dependendo da época do seu nacemento.
Os que abandonan os seus niños o mes de Marzo, efectúan unha muda total, a partir do mes seguinte. Polo contrario os tardíos, nacidos en Agosto ou en Setembro, efectúan unha muda parcial, unha vez que, o frío de inverno corta o proceso fisiolóxico normal. A muda torna a efectuarse na primavera seguinte.

domingo, 31 de enero de 2016

ADESTRAMENTO EN ALBERGARIA A VELLA

O pasado día 30-01-2016 produciuse un adestramento en Albergaria a Vella a unha distancia de 138 quilómetros con referencia o meu pombal. Soltaron as pombas as 11:50 a primeira en chegar foi a pomba co número 5418221/15 Portugal as 13:45.

ADESTRAMENTO EN VILA DA FEIRA

O pasado día 23-01-2016 produciuse un adestramento en Vila da Feira a unha distancia de 110 quilómetros con referencia o meu pombal. Soltaron as pombas as 11:00 a primeira en chegar foi a pomba co número 4521886/14 Portugal chamada Turbina.

miércoles, 20 de enero de 2016

ADESTRAMENTO EN LEÇA DA PALMEIRA (MATOSINHOS)

O pasado día 19-01-2016 produciuse un adestramento en Leça da Palmeira freguesia de Matosinhos a unha distancia de 80 quilómetros con referencia o meu pombal. Soltaron as pombas as 11:30.
A prova resultou exitosa para nos a día 20-01-2016 so nos faltan 2 pombas.

domingo, 17 de enero de 2016

ADESTRAMENTO EN DARQUE (VIANA DO CASTELO)

O pasado día 16-01-2016 produciuse un adestramento en Darque freguesia de Viana do Castelo a unha distancia de 25 quilómetros con referencia o meu pombal. Soltaron as pombas as 12:50. A primeira pomba en chegar foi a pomba co número 5418699/15 Portugal as 13:24.
A prova resultou exitosa para nos a día 17-01-2016 so nos faltan 4 pombas e dicinndo que é o primeiro día que van a tanta distancia foi un día existoso.
Moitas grazas os lectores diarios

martes, 12 de enero de 2016

COMO SER COLUMBÓFILO

2 - O Pombal
Os pombais varían dunha rexión para outra. Poden ser totalmente abertos, semi-abertos ou pechados, construídos en madeira ou alvaneria. A súa instalación pode efectuarse en terrazas, xardíns, ... O volume pode variar, desde unha simple gaiola de 1 m³, a un grande pombal con varias divisións. É de especial importancia que o pombal responda a estas tres esixencias:
estar ben limpo, exposto ao sol e seco
que as súas instalacións resulten prácticas e simples, libres de parasitos
que este protexido de animais dañinos
Debe ser construído, atendendo:

ao número de pombas que irá abrigar
á súa situación
a evitar as correntes de aire
A orientación do pombal será tal, que se evite sempre a dirección en que os ventos poidan facer penetrar a choiva, no interior dos pombais. Convén procurar a orientación que proporcione unha temperatura agradable e permita aos pombos gozar os primeiros raios de sol. Unha boa orientación é , en xeral, a de Suroeste ou a de Sureste.

O pombal deberá ter boa luz natural, mais non excesiva, pois as femias procuran, con frecuencia, as partes escuras para construír os seus niños. As paredes deben ser lisas, ben como os teitos.

Capacidade e distribución
A cantidade excelente de pombos debe roldar os 3 a 5 por m³. As dimensións do pombal dependen, principalmente , do número de aves a albergar, do tipo de concursos en que esas aves participarán, o tipo de técnica ou "xogo" que o futuro columbófilo irá optar. Un pombal onde se queira instalar 50/60 pombos debe estar dividido da seguinte forma:

reprodutores
femias non casadas
machos non casados
pichóns
Xanela de entrada e saída
A xanela ideal de entrada, saída e recoñecemento debe ser de tal maneira que:

Tanto a entrada como a saída, estean formadas por pequenas aberturas lixeiramente inclinadas, de 8 a 10 cm de largura, para que os pombos poidan pasar no sentido de riba para baixo.
Na mesma xanela de entrada e saída, exista unha zona de recoñecemento, onde os pichóns se familiaricen co comportamento dos adultos e coas referencias exteriores.
Pavimento
O pavimento do pombal pode ser construído en madeira, placa de cemento, rede metálica ... Utilízase, tamén, con gran frecuencia, redes metálicas ou de madeira colocadas, polo menos, 30 cm por enriba do pavimento, a fin de evitar o contacto directo das patas dos pombos cos excrementos, o que ten importancia profiláctica contra algunhas infeccións, nomeadamente, parasitos intestinais.

Os Niños
Os niños son normalmente cacerolas de unto cocido, duns 20 a 22 cm de diemetro, de bordes e fondos planos, revestidos de area para impedir a ruptura dos ovos.

Comedoiro
Os comedoiros teñen que ser simples e fáciles de limpar. Encóntranse no mercado á venda, comedoiros construidos de madeira e/ou de metal. Deben permitir un fácil acceso dos pombos, e estar colocados de forma a que as aves non poidan inxerir sementes caídas no chan ou tras contactar cos excrementos.

Bebedoiro
É esencial que a auga estea sempre limpa e que se mude diariamente. Os bebedoiros poderán ser de plástico, unto ou metal. Deben ser colocados nun soporte a cerca de 50 cm do solo, evitando así, a entrada de pó. A limpeza dos bebedoiros e o tempo de permanencia da auga dentro deles, ten gran importancia na propagación de infeccións por tricomonas.

 Grit
Encóntrase, tamén, á venda, en formas e dimensións variabades. O Grit é unha mestura de varios minerais con orixe diversa (cunchas, pedra calcaria, etc). Algúns ingredientes do Grie son solúbles en auga , outros non. Os solúbles, constitúen unha fonte de minerais para o esqueleto e para a formación dos ovos. Os non-solúbles, incrementan a función mecánica do estómago.

Pousadeiros
Colócanse paralelos á parede en número suficiente para que todos os pombos se poidan instalar. A altura máxima debe ser a 1,80 m do chan.

Aprobación dos pombais pola FPC e seu licenciamento polo Goberno autónomo local
Segundo a lexislación en vigor, a edificación de pombais de pombas mensaxeiras está suxeita a previo licenciamento.Tras aprobación do pombal pola FPC, deberá, todo o proceso, ser sometido aos servizos competentes, do respectivo Concello, coa finalidade de obter un licenciamento da construción.

jueves, 7 de enero de 2016

COMO SER COLUMBÓFILO

Durante varios días cada día irei poñendo fases de como ser columbófilo.

COMO SER COLUMBÓFILO

1 - A Inscrición nunha Colectividade
O primeiro paso a dar por quen se queira iniciar neste deporte é dirixirse á colectividade máis próxima da súa residencia e proceder á súa inscrición.Os valores de inscrición (cotas) repórtanse, en regra, ao período dun ano e o custo é variable.

Despois de inscrito na Colectividade, debe proceder á súa inscrición federativa. A cota federativa é pagada tamén na colectividade, a cal se encarga de enviar o proceso á Federación.

Ao pagar a referida cota, queda inmediatamente cuberto polo seguro deportivo. O seguro cobre calquera accidente que veña a ocorrer de corrente da actividade deportiva.

So tras estar debidamente inscrito poderá ter pombas mensaxeiras ou comprar anillas oficiais, unha vez que, a lei de protección a pomba mensaxeira así o determina. Con todo, hai que ter consciencia que a columbofilia é, por enriba de todo, un acto de amor. A pomba mensaxeira pasa a ser un compañeiro, un amigo, que necesita de ser entendido, coidado e acariñado diariamente.

A columbofilia é a arte de criar pombas mensaxeiras, con fins deportivos. O seu fundamento baséase na capacidade, inata, que estas aves posúen en volver ao seu pombal, cando postos en liberdade, a grandes distancias do mesmo. De acordo con esta capacidade de orientación, co adestramento a que se somete, e o seu amor ao niño, ao seu pombal e ao seu propio adestrador, percorre estas distancias en maior ou menor tempo.

Así, antes de se proceder a calquera investimento material, deberá apoderar, seriamente, se existen unhas gañas fortes en se iniciar na Columbofilia, se dispón diariamente  de tempo, para coidar da súa pomba e, por enriba de todo, se o simple feito de ter pombas mensaxeiras constitúe un factor de realización persoal.

Supoñendo que está motivado, a fase seguinte é a construción do pombal.