viernes, 25 de septiembre de 2015

AVES RAPACES

Debido o recente ataque do dia 23-9-2015 dun azor común vou a por información sobre as aves rapaces en galicia que comen as pombas dos columbófilos.

                                        
                                   AZOR COMÚN
Reino: Animalia
Filo: Cordados
Subfilo: Vertebrados
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipritidae
Xenero: Accipiter
Especie: Accipiter gentilis

É un dos depredadores aéreos máis comúns da península. Se por si mesmas, a tenacidade e a insistencia acrobatica cás que acosa ó bando de mensaxeiras a ceo descuberto xa son fascinantes, observalo mentres caza nas espesuras das fragas e coutos constítue un verdadeiro espectaculo en tódolos sentidos.
Resultado de imaxes para azor cazando

                                                  GABIAN EUROPEO
Reino: Animalia
Filo: Cordados
Subfilo: Vertebrados
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipritidae
Subfamilia: Accipitrinae
Xénero: Accipiter
Especie: Accipiter nisus

Este Accipiter posúe un tamaño máis reducido co do seu parente o Azor común. Unha característica sobresaínte do seu comportamento radica na súa agresevidade pese ó seu reducido tamaño. É un inimigo formidable,rápido e astuto para as pombas.



martes, 22 de septiembre de 2015

PARABENS PATRICIO

O dia 21-9-2015 a miña pomba Patricio co nº de anilla 5418696 fixo 6 meses. Eu queria darlle os parabens.

jueves, 17 de septiembre de 2015

PARABENS GENOVEVA

Dia 17-9-2015 a miña pomba Genoveva fai 6 meses e quero darlle os parabensParabens Genoveva on PhotoPeach

DIA A DIA

Dia 17-9-2015 abrinlle a porta as pombas maiores de un mes as 17:34. Facia sol. Voaron en dous bandos, segun ía pasando o tempo xuntabanse os dous bandos. Oito pombas quedaron nun bando no outro arredor dunhas 20. Voteille de comer as 18:12. A primeira en entrar as 18:23 foi a pomba azul co nº 5418550/15.



miércoles, 16 de septiembre de 2015

BLOGS E WEBS INTERESANTES

UNIAO COLUMBOFILA VALNCIANA- Web da uniao columbófila onde voamos en Portugal.
O PE DO CASTRO- Blog da miña clase no C.E.I.P. A Sangriña.

DIA A DIA

Dia 16-9-2015 abrinlle a porta as pombas maiores de un mes e comezaron a sair a primeira en sair foi a blanca con nº 5418221/15 as 16:42. Facia sol malia que por poucos chuviscaba. O bando con arredor de 20 pombas comezou voando moi alto logo empezou a baixar pouco a pouco. A branca nº 5418221/15 voou soa inda que case todos os días voaba co bando. Voteille de comer as 17:12, porque comezaba a chover un pouco. O tempo viuse a mellora e as pombas comezaron a pousarse no pombal para comezar a entrar. A primeira pomba en entrar foi unha pomba azul número descoñecido, entrou as 17:22.

jueves, 3 de septiembre de 2015

NÓS

Nós somos un pombal no castro rúa da Guarda vila da provincia de Pontevedra. Temos pombas criando novas pombas para competir e pombas voando no noso pombal.